RIANXO> O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, comprobou esta mañá, xunto ó alcalde, Julián Bustelo, o patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, e o xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Carlos Gil, a marcha das obras de de recuperación ambiental que se están a realizar no porto de Taragoña, que teñen coma finalidade a recuperación d a morfoloxía natural da costa nesa zona mediante a retirada do espigón alí existente.
O proxecto, que conta cun investimento de máis de 534 mil euros financiados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e a Unión Europea, permitirá recuperar a dinámica natural da costa e mellorar a calidade ambiental dun espazo de gran valor ecolóxico e paisaxístico.
O alcalde, Julián Bustelo, destacou a importancia da actuación que responde a unha vella demanda tanto do Concello como da propia confraría de pescadores.
O prazo de execución das obras é de dous meses, polo que con toda seguridade estarán rematadas este verán.









