Rescatados os seis tripulantes dun pesqueiro afundido na ría de Muros
Rescatados seis mariñeiros á entrada da ría de Muros-Noia, tras envorcar o pesqueiro no que traballaban. Trátase do ‘Reisiño’ con base en Muros. Foron outros pesqueiros que se atopaban na zona os que deron o aviso a Salvamento Marítimo, ó redor das 8 e media desta mañá.
O BNG de Ribeira demanda medidas para frear a vaga de roubos
O BNG de Ribeira esixe medidas contundentes para frear a vaga de roubos que asola ó municipio. Instan ó goberno a incrementar a presenza policial nas rúas para frear a escalada de delincuencia que preocupa a veciños e empresarios da vila.
Un total de oito procesións integrarán o cartel da Semana Santa en Noia
Noia presentou o programa e o cartel da súa Semana Santa. Serán un total de oito procesións organizadas pola parroquia de San Martiño, en colaboración coas catro confrarías existentes na localidade e o Concello.
A Xunta compromete o apoio para o desenvolvemento do polígono e a reforma do...
A alcaldesa de Ribeira mantivo unha xuntanza co presidente da Xunta quen lle trasladou o compromiso de acometer varias actuacións no municipio. Ademais da rehabilitación integral do CEIP O Grupo, Alfonso Rueda referiuse á vontade de colaborar co desenvolvemento do polígono industrial.
A Pobra conmemorará o Día da Poesía cun recital aberto á veciñanza
A poesía volverá estar moi presente na Pobra que volverá conmemorar o Día Mundial deste xénero literario. Será cun recital poético e posterior sesión de micro aberto que se celebrará este venres no auditorio da biblioteca municipal.
Lousame homenaxea á deportista Carolina Castro, exemplo de superación
O concello de Lousame rendeu unha homenaxe á deportista Carolina Castro, que vén de acadar a medalla de bronce no campionato nacional de remoergómetro. Veciños, amigos e familiares quixeron recoñecer o gran esforzo desta moza pola súa capacidade de superación.
A alameda noiesa acollerá o I Mercadiño Solidario de Pascua
A alameda de Noia acollerá o vindeiro sábado 28 de marzo un mercadiño solidario. A actividade ten coma finalidade a recadación de fondos para a investigación contra o cancro de mama metastásico.
A confraría da Pobra insta á Xunta a habilitar unha partida de emerxencia ante...
Ó igual que noutras moitas confrarías da ría de Arousa, a situación na Pobra é crítica. A caída de ingresos procedentes do marisqueo deixou ó pósito en números vermellos. Aínda que xa están inmersos nun ERE dende hai máis dun ano, non descartan ter que tomar outras medidas máis drásticas se a situación non mellora.
Rianxo en Común fai balance dos seus mil días no goberno
O goberno de Rianxo fixo balance da súa xestión cando se cumpren 1000 días dende a investidura. Acompañado polos concelleiros das distintas áreas, o alcalde destacou os importantes investimentos e servizos impulsados ata o momento así como os proxectos que pretenden materializar neste ano que queda de mandato.
A PDRA trasládalle ó delegado do goberno a preocupación polo punto de vetido en...
O Delegado do Goberno en Galicia mantivo un encontro con representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa en Boiro. Ademais de trasladarlle a súa oposición ó punto de vertido de áridos na contorna da Illa de Sálvora, os representantes da entidade expuxeron tamén outras demandas como a exención das cotas á Seguridade Social das mariscadoras ou a modificación do Regulamento de Costas.

















