Concluídas as obras de mellora de servizos na Albariza

NOIA> Tras varios meses de actuación, o goberno noiés dá por rematadas as obras levadas a cabo na Albariza, que supuxeron unha mellora importante para este núcleo, coa instalación dunha rede separativa de saneamento, a subministración de auga potable e a conseguinte nova pavimentación dos firmes.

Os traballos foron executados pola vía de Administración, cos propios fondos municipais, o que permitiu un importante aforro para as arcas municipais.

Dende o Concello destacaron a importancia desta actuación na liña iniciada dende a súa chegada á alcaldía de ir mellorando os servizos básicos no rural.