RIBEIRA> Uns 250 corredores daranse cita o 17 de maio na vixésimo primeira edición da Carreira da Guía. A atleta homenaxeada este ano será María José Martínez Patiño polos seus innumerables méritos ó longo da súa carreira deportiva.
Hai xa máis de dúas décadas que a Asociación de Veciños de Carreira comezou coa organización desta proba, unha das máis lonxevas de todo o municipio de Ribeira. Nesta vixésima primeira edición, agardan congregar no Campo da Festa a máis de 250 corredores das distintas categoría dende pitufos ata maiores de 65 anos e zapatilla inclusiva. A proba absoluta consistirá nun percorrido de algo máis de seis quilómetros e medio pola Granxa e Aguiño con vota á contorna da capela da Guía.
A partir das nove e media comezará a retirada de dorsais e ás dez e media sairán as primeiras carreiras. Ó remate das probas, pasado o mediodía, terá lugar a entrega de trofeos coa presenza da madriña e homenaxeada este ano.
A xornada rematará cunha festa amenizada polo grupo Drippers e as pandereteiras de Carreira.











