RIBEIRA> O concello de Ribeira iniciou os trámites para a municipalización da Rúa do Porto en Aguiño. O obxectivo é proceder ó asfaltado e instalación de canalizacións desta vía que dá acceso a numerosas vivendas e almacéns.
O concello de Ribeira iniciou os trámites para que a rúa do Porto en Aguiño pase a titularidade pública. Aínda que se trata dunha vía que dá acceso a numerosas vivendas, almacéns e mesmo negocios discorre por terreos privados. O goberno iniciou o expediente administrativo para identificar ós 13 propietarios cos que asinará os convenios ce cesión dos terreos.
Unha vez se proceda á escritura pública dos terreos, o concello procederá ó asfaltado da vía, actualmente se atopa en terra, así como a instalación canalizacións para dotar de servizos básicos a tódalas parcelas da zona.











