Congalsa reafirma o seu compromiso co CB Rianxo

RIANXO> A directora de Relacións Externas de Congalsa, Isabel Cañas, mantivo un encontro con parte da directiva do CB Rianxo, entidade coa que a firma pobrense vén colaborando dende hai varios anos, mediante a fórmula do patrocinio.

Na xuntanza a representante de Congalsa firma punteira a nivel internacional na transformación de produtos do mar, puido coñecer de primeira man a actividade deste Club, fundado hai dez anos, mostrando o apoio da compañía,  no marco da súa política de responsabilidade social corporativa, na que o fomento do deporte de base ocupa tamén un papel prioritario.

Dende o CB Rianxo agradeceron a visita e o apoio que dende Congalsa se lle dá ó Club, contribuíndo a promover a práctica deportiva en xeral na localidade, e máis concretamente a do baloncesto, poñendo o foco nas categorías base e no deporte feminino.

Na actualidade o CB Rianxo conta cun total de sete equipos sumando tódalas categorías dende premini a senior, incluíndo varios femininos.