RIBEIRA> O BNG de Ribeira levará ó vindeiro pleno unha moción a través da cal solicita a mellora da pavimentación e a seguridade viaria na Avenida de Ferrol, unha das arterias principais de acceso á cidade.
Os nacionalistas denuncian o mal estado do firme e a necesidade de levar a cabo o seu acondicionamento.
Os nacionalistas reclámanlle tamén ó executivo seguir desenvolvendo un programa de actuacións de mantemento e de calmado de tráfico en toda a rede viaria do municipio como segundo eles se viña realizando na súa etapa á fronte da alcaldía, ó ser esta unha das demandas reiteradas dos veciños.











