Ribeira acolle a presentación da Volta Ciclista Feminina, con catro etapas en Galicia
O auditorio de Ribeira acolleu a pasada tarde-noite o acto de presentación da Volta Ciclista á España Feminina 2026. A proba que arrancará o domingo 3 de maio terá a Galicia como gran protagonista.
Noia pon en valor ás mulleres do mar polo 8M
A celebración do 8 de marzo no Barbanza acolleu actos do máis variado. Dende mobilizacións como a da Pobra ata o roteiro para poñer en valor a memoria das mulleres do mar que se celebrou en Noia.
AMICOS e a lonxa de Ribeira renovan o convenio para o Hospital de Corais
Os voluntarios ambientais de AMICOS seguirán a traballar na recuperación de especies mariñas trala renovación do convenio coa lonxa Ribeira. Dende o pasado ano teñen montado no recibidor da rula un hospital de corais.
Os veciños da Pobra seguen a reclamar un PAC de tarde
Seguen as concentracións na Pobra para reclamar un Punto de Atención Continuada a tempo completo. Como veñen facendo cada venres dende outubro pasado, a veciñanza da localidade saíu esta mañá á rúa para demandar unha atención primaria de calidade.
Ribeira Atlántica 2030 disporá de 11 millóns de euros
Un total de once millóns de euros. Esta será o investimento inicial que terá o concello de Ribeira para o desenvolvemento do ‘Ribeira Atlántica 2030’, a través da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local, para a que xa se aprobou unha dotación de 6 millóns e medio de euros procedentes de fondos europeos. Boa parte dese total irá destinado á rexeneración do barrio de Bandaurrío.
Ribeira reivindica ás súas deportistas na conmemoración do Día da Muller
Ribeira adiantou as celebracións do 8M a este venres cunha homenaxe ás mulleres que son referente no deporte. O acto contou coa presenza de Ana Peleteiro que foi distinguida, xunto con outras moitas ribeirenses, polo seu destacado papel en distintos eidos da práctica deportiva.
Presenza barbanzá no Programa Erasmus+ Incluídas
Unha docente do CEIP de Abanqueiro foi seleccionada no marco do Proxecto Erasmus Plus Incluídas. María Agrafojo participará a finais do mes de marzo nunha estadía en Francia na que intercambiarán experiencias sobre a educación inclusiva.
Manuel Ruíz alerta no Senado da diminución progresiva da flota
O PP levou ó Senado a diminución das posibilidades de pesca da flota española que está a provocar un importante descenso da actividade. O Grupo Popular insta ó goberno central a adoptar medidas para incentivar a remuda xeracional no sector e evitar a súa progresiva desaparición.
A Casa da Xuventude de Ribeira acolle un programa de ocio saudable para mozos
A Casa da Xuventude de Ribeira encherase de vida co programa ‘Por fin é finde’. Trátase dunha iniciativa dirixida a mozos a partir de 12 anos que pretende ofrecerlles un espazo de encontro e unha oferta de lecer saudable.
O concello de Ribeira traslada á Xunta varias propostas de terreos para a residencia
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, avanza con Política Social a que será a construción da futura residencia da localidade. A rexedora María Sampedro trasladoulle xa á Consellería varias posibles localizacións para poder desenvolver este importante proxecto para o municipio.

















