RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día da Danza cunha clase aberta a cargo do Taller Alecrín. Será este domingo a partir das seis da tarde no Malecón onde se desenvolverán un total de 14 propostas de diferentes estilos musicais. Contarán co acompañamento do DJ Dani Fontaíña.
Preto de 80 alumnos tomarán parte na Mostra de Linedane e Baile Social que organizará este domingo o Taller Alecrín en Ribeira para conmemorar o Día Internacional da Danza. Será a partir das seis no Malecón onde interpretarán unhas 14 propostas de diferentes estilos musicais.
Nesta ocasión, formarán parte tamén do corpo de baile os alumnos do grupo de artes escénicas de AMBAR, asociación coa que o Taller Alecrín colabora activamente durante todo o ano.
Dende a organización anuncian tamén que haberá algunha que outra sorpresa polo que convidan a tódolos ribeirenses a achegarse e animarse a participar para conmemorar esta efeméride.











