Arranca en Ribeira o V Torneo de Tenis en Terra Batida A Devesa

RIBEIRA> Co paso das edición, esta xa é a quinta, o Torneo de Tenis A Devesa, que se celebra nas pistas do mesmo nome situadas na parroquia ribeirense de Olveira cobran un maior protagonismo.

Dáse a circunstancia de que o torneo, que se disputa en terra batida, é único en Galicia.

O torneo, que se prolongará ata finais de xuño, reunirá a uns 150 tenistas chegados dende diferentes localidades galegas divididos nas categorías de veteranos, sub-18, dobres, masculina e feminina.

Organizado polo Club de Tenis A Devesa, o Torneo conta coa colaboración do concello de Ribeira.

Dende a organización quixeron agradecer a axuda e colaboración, ademais do Concello, de numerosas empresas e negocios locais que coas súas aportacións fan posible que este torneo poida celebrarse e ir a máis.