BOIRO> Uns 250 corredores de diferentes clubs de toda Galicia, incluíndo tamén un chegado de Gran Canaria, participarán na 38 edición do Gran Premio de Promoción Ricardo Riveiro que terá lugar este vindeiro sábado.
A proba, todo un clásico do ciclismo na comarca, está organizada polo Club Ciclista Barbanza e a Federación Galega de Ciclismo, en colaboración con diversas entidades, entre elas o propio Concello.
En competición tódalas categorías base, dende promesas a junior, incluíndo tamén ciclismo inclusivo.
A proba arrancará a partir das tres e media da tarde, con saídas dende a praza de A Boqueira de A Negral, con percorridos e horarios distintos para cada una das categorías en competición.
Dende o Concello destacaron a importancia desta proba e a aposta que se fai por potenciar o deporte en xeral no municipio, especialmente nas categorías base.
Na proba, que será valedoira para a Copa Galicia do Porvir na categoría cadete, farase tamén unha pequena homenaxe a Samuel González, campión galego de ciclocross, atropelado o pasado domingo en Mondariz mentres adestraba.











