RIBEIRA> Unhas 900 persoas asistirán ó Encontro dos Maiores que se celebrará o domingo 10 de maio en Ribeira. A partir deste luns poderán adquirir as entradas cun custo de 25 euros. Está dirixido a maiores de 60 anos e xubilados, con prioridade para os empadroados en Ribeira.
Este luns saen á vendas as entradas para o Encontro dos Maiores de Ribeira dirixido a xubilados e maiores de 60 anos do municipio. Será o 10 de maio no pavillón de Fieteira. Previamente, ás doce e media terá lugar unha misa cantada pola Coral Polifónica na igrexa parroquial. O menú constará de marisco, carne e sobremesa. Destaca este ano como novidade a navalla do banco do Carreiro extraída polos mariscadores de Aguiño e Ribeira.
As persoas que queiran adquirir a súa entrada poderán facelo na Oficina de Atención Cidadá en horario de dez a dúas. O prezo é de 25 euros por comensal e aconséllase o pago con tarxeta.
Terán prioridade os empadroados en Ribeira. De quedar vacante algunha das 900 prazas abriríase a venda a veciños doutros municipios.











