Manuel Losada presenta a súa última novela de misterio ambientada en Boiro

BOIRO> Manuel Losada presentará este venres no Souto de Rubiáns as súas dúas últimas novelas. A intriga e o misterio están garantidos tanto en ‘El Eco de las Aguas’ como en ‘La sombra de Carmen’, segunda entrega dun relato ambientado en Boiro.

Aínda que a súa paixón pola literatura estivo presente dende ben neno, foi o traballo de Manuel Losada como escolta de vítimas de violencia de xénero o que lle animou a escribir sobre a súa propia experiencia.

Conta no seu haber cunha ducia de publicacións, entre as que destacan as novelas de suspense cun ritmo trepidante que manteñen enganchado ó lector de principio a fin.

Trala presentación das súas dúas últimas obras mañá ás sete e media no Souto de Rubiáns, Manuel confía en poder facer tamén o propio en Boiro, onde transcorre integramente a trama de La Sombra de Carmen con personaxes e escenarios perfectamente identificables para os boirenses.