RIANXO> Este é o momento no que as tres mulleres reteñen ó ladrón, un vello coñecido da forzas da orde, ó que lle constan numerosos antecedentes anteriores, que acababa de roubar nun establecemento situado na urbanización da Martela.
A pesar dos intentos de fuxida, o presunto delincuente, non é quen de desfacerse da férrea marcaxe das aguerridas mulleres, que mesmo puxeron en perigo a súa integridade física, co fin de deter o malfeitor.
Coma boa historia, o desenlace tivo un final feliz. Ó pouco tempo chegaron os axentes e o ladrón puido ser detido.
As imaxes, que foron captadas por outra veciña dende a fiestra da súa vivenda, fixéronse virais nas redes sociais.
O suceso reabre ademais o debate sobre a inseguridade que se dá na localidade, onde os furtos e pequenos roubos a negocios da vila están a ser unha constante.











