Carlos Lorenzo e Andrea Vázquez dominan no Circuíto Trail Series 2026
Carlos Lorenzo e Andrea Vázquez foron os gañadores absolutos do Portosín Trail, modalidade longa de 21 quilómetros, mentres que Yeray Lorenzo e Marta Vázquez vencían na distancia curta de 15. A proba, disputada onte domingo, pechaba o Circuíto Trail Series 2026 organizado por Arousa Neo.
A Pobra reivindica o legado de Rosalía nos actos do seu aniversario
A Pobra volveu conmemorar o Día de Rosalía cun emotivo acto no que participaron os escolares do municipio. Ademais da lectura de poemas e cantigas, celebrouse a tradicional ofrenda floral ante o busto da escritora.
Barbanza despide o entroido con grandes desfiles e enterros tradicionais
O entroido pequeno viviuse por todo o alto no Barbanza posto que moitos dos actos aprazados polo mal tempo celebráronse esta fin de semana. Os desfiles da Pobra e de Boiro, xunto co París Dakar de Noia centraron o programa de actividades que chegaron á súa fin cos tradicionais enterros como o do Felipiño en Escarabote.
O BNG esixe á Xunta a mellora integral da estación de autobuses da Pobra
O BNG demanda melloras no transporte do Barbanza, non só no referente ás liñas senón tamén ás infraestruturas. Refírense á estación de autobuses da Pobra, con instalacións pechadas e sen apenas mantemento.
Noia será punto de partida da XI edición de ‘Os 100 do Barbanza’
Trescentos participantes daranse cita na undécima edición de ‘Os 100 do Barbanza’, unha das probas de ultrafondo máis esixentes de Galicia. Disputarase entre o 20 e o 21 de xuño cun percorrido de 100 quilometros a través de sete concellos das comarcas do Barbanza e Muros-Noia.
Un erro na votación dunha moción sobre o SAF provoca que o PP de...
Polémica no pleno de Boiro tras un mal entendido na votación dunha emenda relativa ó Servizo de Axuda no Fogar. Os concelleiros do Partido Popular solicitaron corrixir o sentido do seu voto. Ante a negativa acabaron abandonando a sesión.
O BNG volve a reclamar o remate do proxecto de recuperación ambiental da Ribeiriña
O BNG do Barbanza volve a reclamar a recuperación ambiental da zona da Ribeiriña, na Pobra, que leve aparellada a demolición da antiga fábrica de Hadasa. Os nacionalistas piden tamén a eliminación definitiva dos vertidos contaminantes que a día de hoxe seguen a producirse á Ría.
Satisfacción en Outes polo anuncio da licitación da mellora da estrada DP-6.202
A Deputación da Coruña vén de licitar as obras de mellora do firme da estrada DP-6202, que vai de Outes ata a AC-400 por Valadares. O proxecto, unha vella demanda da veciñanza e o goberno local, conta cun orzamento de preto dos 530 mil euros.
O Xtosín Trail pechará este domingo o Trail Series Arousa Neo
A localidade sonense de Portosín acollerá este próximo domingo, 22 de febreiro, o Portosín Trail. Na proba, incluída no Circuíto Trail Series Arousa Neo, prevese unha participación de máis de 350 persoas, repartidos no trail longo, o curto e a andaina.
A xunta de seguridade de Ribeira conclúe sen compromiso de reforzo policial por parte...
RIBEIRA> O concello de Ribeira celebraba esta mañá unha xunta local de seguridade para abordar a crecente vaga de roubos. Contou coa presenza do...


















