RIANXO> Esta mañá presentábase a décimo terceira edición da BTT Concello de Rianxo. Organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo en colaboración co Concello, a proba disputarase este vindeiro domingo 19 de abril.
A edición deste ano vén cargada de importantes novidades, ademais do cambio de percorrido, reduciranse as distancias, con posibilidade de elixir entre un trazado curto de 46 quilómetros ou un longo de 66.
Ademais da BTT, a proba incluirá tamén unha andaina de 22 quilómetros que discorrerá por parte do percorrido da proba ciclista.
Dende o Concello que colabora un ano máis coa proba destacaron a importancia da mesma, sendo ademais un dos acontecementos deportivos que máis interese espertan.
As inscricións aínda están abertas podéndose realizar a través da web www.emesports.es. Dende a organización agardan superar os catrocentos participantes, unha cifra similar á da última edición.











