Ribeira inviste máis de 300 mil euros en obras de pavimentación e servizos
O concello de Ribeira adxudicou catro proxectos incluídos no POS que implicarán melloras viarias e de servizos en varios puntos do municipio. As obras, previstas no casco urbano de Ribeira e nas parroquias de Oleiros, Palmeira e Corrubedo, suman un investimento de máis de 300 mil euros.
Barbanza saúda ó ‘Entroido’ a pesar do mal tempo
A comarca do Barbanza viviu a fin de semana grande do entroido con festivais e concursos de disfraces. Aínda que moitos concellos decidiron suspender boa parte do cartel de actividades debido ó mal tempo, outros pola contra seguiron adiante co programa. É o caso de Boiro que volveu reunir na tarde do sábado a centos de veciños na praza de Rebelar, na Boliña, coa tradicional festa da orella de porco.
O concello de Boiro promovea integración laboral das persoas con discapacidade a través da...
O concello de Boiro e a Fundación ONCE asinaron un convenio de colaboración para a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. Promoveranse accións conxuntas de formación, capacitación e orientación así como un servizo de mediación coas empresas e o tecido asociativo.
A asociación de empresarios de Ribeira demanda máis presenza policial nas rúas
Continúa a vaga de roubos en Ribeira. Desta volta foi nunha panadería onde un delincuente habitual logrou subtraer 600 euros da caixa a plena luz do día. A asociación de empresarios da localidade demanda máis presenza policial para disuadir ós ladróns.
Unha xestora coordinará o proceso de constitución da nova executiva do PSOE de Ribeira
Unha xestora presidida polo ex alcalde de Noia, Jesús Díaz Fornas, será a encargada de dirixir o proceso para a constitución da nova executiva local. O obxectivo é consolidar unha dirección forte e estable de cara ás eleccións municipais de 2027.
Seguen os roubos en Ribeira
A vaga de roubos en Ribeira non parece ter fin. E iso a pesar da detención nas últimas horas dun dos principais sospeitosos. Os últimos afectaron a un establecemento hostaleiro, a unha casa de xogo e a unha panadería emprazada en pleno centro urbano.
Máis de 1000 deportistas participarán en Noia no Campionato Galego de Remo Ergómetro
Máis de 1000 deportistas, de 150 equipos de toda Galicia, daranse cita este domingo en Noia para participar no Campionato Galego de Remo Ergómetro . Disputarase no pavillón Agustín Mourís a partir das nove e media da mañá.
O concello de Ribeira avanza na renovación de servizos básicos en Aguiño
Ribeira segue a avanzar na dotación de servizos básicos ás parroquias. O concello está a executar dúas actuacións en Aguiño financiadas con fondos propios que ascenden en total a 20 mil euros.
O BNG propón crear unha ampla zona verde nas Carolinas
O BNG de Ribeira presenta unha proposta para crear un gran espazo verde na avenida das Carolinas, na que se inclúa tamén unha ampla zona de estacionamento. Segundo os nacionalistas, o proxecto enmarcaríase no seu modelo de cidade, poñendo ás persoas no centro.
A Deputación financiará o 80 por cento da renovación do campo de fútbol de...
A Deputación da Coruña subvencionará a renovación do campo de fútbol de Cabanetán, en Lousame. A actuación, cun orzamento de máis de 200 mil euros, suporá unha importante mellora na instalación deportiva.

















