O Campionato Galego de Bateis reunirá na Pobra a máis de 800 deportistas

A POBRA> A Pobra vivirá esta fin de semana unha auténtica festa do remo. O campionato galego de bateis reunirá a máis de 800 deportistas durante dúas xornadas de competición das que sairán os equipos clasificados para a competición nacional.

A sede do Club de Remo da Pobra acollía este mediodía a presentación da 41 edición do Campionato Galego de Bateis. A proba reunirá esta fin de semana a 121 embarcacións de toda Galicia que competirán por clasificarse para o Nacional que se celebrará en Euskadi

O secretario xeral para o Deporte que asistiu tamén á presentación destacou o labor do club organizador e as condicións idóneas do campo de regatas da Pobra para acoller esta competición.

Tamén dende o concello expresaron a súa satisfacción por poder acoller un evento deportivo de primeiro nivel que non fai máis que ratificar o gran traballo do club de remo pobrense.