RIBEIRA> Portos de Galicia acometerá unha serie de melloras nos peiraos de Ribeira. O concelleiro do Mar realizou numerosas solicitudes para garantir a seguridade das instalacións portuarias de todo o municipio.
Entre as actuacións máis inmediatas previstas por Portos de Galicia en Ribeira figura a reparacións das ramplas de acceso dos peiraos de Castiñeiras e Corrubedo. Aínda que presentaban xa un importante deterioro, agravado pola sucesión de borrascas deste inverno, o organismo autonómico non puido acometer os traballos ata o de agora posto que estaban pendentes os informes de compatibilidade coa estratexia mariña do Ministerio de Transición Ecolóxicas que veñen de ser recibidos tras ano e medio de tramitación.
Ademais destas dúas obras, Portos acometerá varios arranxos e traballos de mantemento nos portos de Palmeira, Aguiño e Ribeira así como reforzo e substitución do alumeado
Todas son obras de mantemento e conservación de infraestruturas necesarias para a seguridade dos usuarios e a operatividade da actividade portuaria.











