RIANXO> A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, comprobou de primeira man o resultado das obras realizadas en varias localizacións do monte do Araño, concretamente nos lugares de Buía e Campelo, que permitiron a instalación de dous peches para o gando.
A actuación, que supuxo un investimento por parte da Xunta duns 80 mil euros, permitirá poder compatibilizar varios usos no monte, non só o da produción madeireira senón tamén a través do aproveitamento gandeiro.
Dende a Comunidade de Montes do Araño agradeceron a achega da consellería de Medio Rural que lles permitirá poder volver a introducir o gando no monte.











