Ribeira aproba o novo contrato do SAF por 1’6 millóns de euros anuais

RIBEIRA> A empresa Attende Care, S.L. foi finalmente a escollida entre tódalas ofertas presentadas para facerse co contrato do servizo de axuda no fogar por un importe de 1,6 millóns de euros anuais.

A duración do mesmoserá de tres anos con posibilidade dunha prórroga.

Na actualidade o servizo conta cun total de 220 persoas usuarias, polo que, en palabras da propia alcaldesa, María Sampedro, trátase dun servizo indispensable para o municipio.

Na sesión tamén se abordaron varias moción. Unha delas presentada polo BNG relativa ó tratamento das colonias felinas foi emendada polo equipo de goberno ó ver ampliada a contía destinada a tal fin ata os 9 mil euros mediante un convenio con Callejeros Barbanza e que foi aprobada co apoio unánime de tódolos grupos presentes.

Tamén foi aprobada por unanimidade outra moción do Partido Socialista na que solicitaba a construción dunha pasarela na praia do Prado, na parroquia de Corrubedo, que o executivo tamén emendou, ó comprometerse a estudar a viabilidade do proxecto.

No pleno tamén se levou a proposta do nomeamento de representantes no Consello Escolar Municipal e se aprobou unha moción de urxencia presentada polo equipo de goberno de condena os actos desenvolvidos o pasado venres pola organización xuvenil Galiza Nova no monólito da praza do Centenario.