RIBEIRA> A praza de España de Ribeira acollerá o sábado 18 de abril a oitava quedada motorista dos Reventapistóns. O evento, cun amplo programa lúdico e deportivo, servirá como antesala á concentración prevista en setembro na capital barbanzá.
Os motores volverán ruxir o sábado 18 de abril en Ribeira onde se celebrará a oitava quedada da peña moteira Os Reventapistóns. A praza de España servirá de base para este encontro que inclúe música, gastronomía, exhibicións e unha ruta mototurística por tódalas parroquias.
Este evento consitúe un pequeno aperitivo do que será a gran concentración prevista en setembro en Ribeira que reúne cada ano a centos de afeccionados ó mundo do motor. O concello de Ribeira colabora coas dúas iniciativas que ademais de poñer en valor esta disciplina deportiva atraen ata o municipio a numerosos visitantes como un reclamo máis da programación turística.











