Lousame recupera o seu tradicional desfile de disfraces
Lousame prepara un gran festival de entroido para este vindeiro sábado. Terá lugar no polideportivo Pilar Barreiro Senra entre as seis e as nove da noite. Haberá obradoiros, inchables, e degustación de chocolate con churros, orellas e filloas, ademais do tradicional desfile de disfraces.
A Pobra celebrará as Xornadas Muller e Ciencia con actividades para todos os públicos
A Pobra celebrará a vindeira semana, do 9 ó 13, unha nova edición das Xornadas Muller e Ciencia. Na programación deseñada destaca a charla da matemática da USC e divulgadora científica, Elena Vázquez Abal, que terá lugar o día 11 de febreiro, e que será retransmitida en liña, a partir das catro e media da tarde, a través da web municipal.
A directora xeral de Xuventude coñece as melloras acometidas no Espazo Xove de Noia
A directora xeral de Xuventude visitou esta mañá o Espazo Xove de Noia onde se veñen de acometer unha serie de melloras. Estas instalacións forman parte dunha rede de 12 centros dependentes da Xunta en toda Galicia que buscan crear espazos de encontro para a mocidade.
As confrarías da ría de Muros-Noia volven esixir un protocolo de baleirado de encoros
As confrarías da ría de Muros Noia volven solicitar á Xunta a elaboración dun protocolo de baleirado dos encoros. O exceso de auga doce tralas precipitacións acumuladas nos últimos días provocou a mortaldade de máis do 70 por cento do berberecho na zona intermareal do banco da Misela
O executivo noiés mellora os servizos básicos en Albariza
O executivo noiés está a executar estes días en Albariza unha nova actuación que ten coma finalidade dotar a este núcleo de saneamento e abastecemento de auga. A obra realízase por Administración, cos propios medios do Concello, o que supuxo un importante aforro de custes para as arcas municipais.
King África actuará en Ribeira o luns de entroido
Ribeira quenta motores para a celebración do entroido que repartirá 8500 en premios tanto nos concursos de disfraces como no festival de murgas. No apartado musical, o prato forte será a actuación de King África que compartirá cartel con Diego Moreira e Mario Álvarez.
A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago xestionará o albergue da Chaínza
A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago encargarase da xestión do albergue da Chaínza. O acordo foi posible grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a dita entidade. O modelo elixido para a súa xestión será o de hospitalidade, mediante donativo.
Iván Fidalgo e a súa familia disfrutarán da viaxe a Eurodisney de Congalsa
A concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, procedeu esta mañá á entrega da Viaxe a Eurodisney a Iván Fidalgo Boo, gañador do premio estrela da campaña comercial levada a cabo durante o pasado Nadal. A viaxe conta co patrocinio da firma Congalsa.
A Consellería do Mar destaca o labor social do Apostolado do Mar en beneficio...
A Conselleira do Mar facía estas declaracións no transcurso dun acto na Pobra no que mantivo unha xuntanza co presidente do Apostolado do Mar, o monseñor Luís Quinteiro. Tivo lugar a bordo do buque de Gardacostas Irmáns García Nodal, atracado no porto comercial da Pobra.
A Xunta analiza coas confrarías a situación dos bancos marisqueiros tralo exceso de chuvias
A baixada de salinidade tralas intensas chuvias dos últimos días foi un dos temas abordados esta mañá na reunión entre a Conselleira do Mar e os representantes das confrarías. A administración avaliará a afectación dos distintos bancos nos que xa se están a realizar mostraxes para determinar o estado en que se atopan tralas fortes precipitacións.


















