Noia destinará uns 100 mil euros á mellora da praza de abastos

NOIA> O alcalde, Francisco Pérez, informou da consecución desta achega por un importe duns 100 mil euros que permitirá continuar coas actuacións de mellora das instalacións da praza de abastos, dando así resposta ás demandas dos propios praceiros debido á mala execución das obras realizadas polo goberno anterior.

O rexedor informou tamén que unha parte do importe concedido a través desa axuda da Dirección Xeral de Comercio, serán investidos precisamentena redacción dun proxecto integral que permita solucionar de maneira definitiva as deficiencias existentes na praza e avanzar na obtención do distintivo de mercado de excelencia.

Desde o Concello destacaron que con este novo impulso, continuarase avanzando na recuperación dun espazo para eles clave na economía local.