Ribeira conmemora o 120 aniversario do título de cidade

RIBEIRA> Ribeira conmemorou o 120 aniversario do título de cidade cun solemne acto no que se rendeu homenaxe ó seu cronista oficial, Xosé María Fernández Pazos. Procedeuse tamén á recuperación do monolito da praza do Centenario que fora retirado temporalmente por mor das obras acometidas neste espazo.

Xosé María Fernández Pazos recibía a pasada tarde o diploma que acredita a súa condición de cronista oficial de Ribeira en virtude do acordo plenario de marzo de 2023 que fixo oficial o seu nomeamento.

Fernández Pazos recibía esta distinción nun solemne acto celebrado a pasada tarde no auditorio municipal para conmemorar o 120 aniversario do título de cidade de Ribeira, outorgado e 1906 por Alfonso XIII.

Tralos discursos, os numerosos asistentes ó acto desprazáronse ata o exterior do auditorio onde se descubriu unha placa conmemorativa no monolito inaugurado en xullo de 2006 que se volveu instalar na praza do Centenario trala súa retirada temporal por mor das obras.

Inserto

Os actos conmemorativos da efeméride terán continuidade ó longo desta semana coa primeira edición das xornadas da historia de Ribeira que se desenvolverán ata o 27 de marzo no auditorio e nas que se poderá tamén visitar unha maqueta sobre o naufraxio do Santa Isabel.