NOIA> A Mancomunidade Serra do Barbanza recibiu esta mañá da Xunta un total de 177 contedores para a recollida selectiva de papel-cartón e envases lixeiros . No acto, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de seguir apostando pola reciclaxe.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, fixo entrega esta mañá á Mancomunidade Serra do Barbanza dun total de 177 para a recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón. Foi un acto ó que asistiu o actual presidente da entidade e alcalde de Brión, Pablo Lago, quen destacou os avances no servizo dende a súa adhesión a Sogama.
A entrega destes contedores é produto dun convenio de colaboración asinado o pasado mes entre a Mancomunidade e Ecoembes para fomentar a recollida selectiva incrementado as porcentaxes de recuperación destes residuos.
No marco deste acordo, Serra do Barbanza comprométese a que os colectores non substituirán a outros da súa propiedade. Instalaranse na vía pública para incentivar a participación da veciñanza na reciclaxe.










