RIBEIRA> O pavillón municipal de Palmeira acollerá o sábado 28 de marzo unha nova edición da Velada de Boxeo que organiza o Club ‘El Canario’.
Dará comezo ás seis da tarde e nel prevense un total de 8 combates, un deles de categoría profesional.
Dende o Concello, que colabora coa iniciativa, fan unha chamada a asistir ese día a presenciar a velada.
As entradas terán un custe de dez euros, e poderán adquirirse en taquilla o mesmo día da velada. dende a organización agradecen tamén ó Concello o seu apoio, así como tamén ó resto de empresas colaboradoras, xa que sen a súa axuda non poderían realizar este evento.











