LOUSAME> O concello de Lousame presentou oficialmente a campaña Zernadas de Castro 2027 coa que busca promover a candidatura do cura de Fruíme ás Letras Galegas. No ano en que se cumpren 250 anos do seu pasamento buscarán reivindicar a súa figura como precursor do galeguismo.
Lousame realiza unha forte aposta para impulsar a candidatura de Zernadas de Castro ás Letras Galegas de 2027. O concello vén de poñer en marcha unha campaña de difusión do seu legado para que a Real Academia Galega recoñeza o seu papel como precursor do galeguismo no 250 aniversario do seu falecemento.
No acto de presentación da campaña, o xornalista e escritor Manuel Rivas Troitiño realizou a doazón dos sete tomos orixinais das obras completas de Zernadas ós veciños de Fruíme, representados polo concello de Lousame, para manter vivo o seu legado.
O acto rematou coa proxección do video promocional da candidatura, do realizador noiés Luís Avilés, e a interpretación de tres poemas musicalizados do autor.











