A POBRA> Os pobrenses volverán facer gala da súa solidariedade no concerto organizado pola asociación das Amas de Casa en beneficio da Fundación Aladina. Será este sábado 28 no Teatro Elma a cargo do dúo ‘En voz baixa’.
Contribuír a unha boa causa ó tempo que se disfruta do amplo e variado repertorio deseñado polo dúo ‘En voz baixa’ para a ocasión. Isto é o que propón a asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas da Pobra no concerto solidario que se desenvolverá este sábado ás oito e media da tarde no Teatro Elma.
Os asistentes poderán realizar os seus donativos a través das huchas que se instalarán na entrada. Tódolos fondos recadados irán destinados á Fundación Aladina que apoia a nenos enfermos de cancro e as súas familias.











