A Pobra repartirá este entroido mais de 6000 euros en premios

O concello da Pobra repartirá este entroido máis de seis mil euros en premios. O sábado haberá un concurso de disfraces infantil mentres que o martes terá lugar o gran desfile no que se premiará os mellores disfraces individuais e por parellas, de grupos e carrozas.

Preocupación en Noia por un novo episodio de mortaldade de marisco

NOIA> As chuvias persistentes destas últimas semanas están a provocar novamente a mortaldade masiva de marisco nas praias de Noia debido á baixa salinidade polo...

Volven as concentracións ó centro de saúde de Rianxo

Rianxo retomou as concentracións para reclamar melloras na atención primaria. Será tódolos martes ás 7 da tarde diante do centro de saúde. Entre outras cuestións, reclaman un PAC a tempo completo, a recuperación do reforzo de pediatría e a cobertura ó 100% das prazas de facultativos.

O BNG de Ribeira propón investir o 1’7 millón de euros do POS en...

O BNG de Ribeira propón investir 1’7 millóns de euros nas parroquias. A proposta presentada polos nacionalistas iría con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este ano 2026. As actuacións, que foron recollidas da propia veciñanza, daríalle prioridade ós servizos básicos.

Ribeira tramita as primeiras multas por depositar lixo na vía pública

O concello de Ribeira traballa na mellora do sistema de recollida selectiva do lixo. Ademais das numerosas campañas informativas que están en marcha, incrementouse o control sobre o depósito de residuos na vía pública, infracción pola que xa se teñen tramitado as primeiras multas.

A Xunta investiu máis de 430 mil euros en melloras nos polígonos do Barbanza

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprobou esta mañá os traballos de renovación do firme levados a cabo en varias vías do parque empresarial da Tomada con fondos a unha subvención da consellería de Economía e Industria. A actuación, cun orzamento duns 110 mil euros, permitiu mellorar o estado da vía e as condicións de seguridade.

Rianxo licita novas actuacións de abastecemento de auga e saneamento

O executivo rianxeiro vén de sacar estes días a licitación as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre, na parroquia de Asados, e a ampliación da rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro, en Taragoña. Estas tres actuacións súmanse a outras obras xa adxudicadas a finais do ano pasado, que suman no seu total  uns 800 mil euros de investimento.

O BNG volve denunciar o desmantelamento da sanidade pública nas comarcas de Muros e...

O BNG volveu a denunciar o desmantelamento da sanidade pública na comarca de Muros e Noia. A través de varias iniciativas, reclamarán o reforzo de persoal de atención primeira en tódolos concellos a mellora de infraestruturas que presentan importantes deficiencias como os centros de saúde de Noia, Porto do Son e Mazaricos.

Ribeira convocará a xunta local de seguridade en busca de medidas para frear a...

A alcaldesa de Ribeira convocará a próxima semana a xunta local de seguridade para abordar o incremento de roubos no municipio. Tamén mantivo encontros coas asociacións de hostaleiros e empresarios para analizar as medidas que están a adoptar en colaboración cos corpos policiais.

15 expertos participarán no XIX Encontro Arqueolóxico que se celebrará en Boiro a finais...

O Pazo de Goiáns acollerá entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo a decimo novena edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza. Abordaranse investigacións tan destacadas como os últimos achados da Sima dos Osos na serra de Atapuerca.

REDES SOCIAIS

40,725FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete