RIBEIRA> O concello de Ribeira e a biblioteca municipal convocan a quinta edición do concurso de marcapáxinas para conmemorar o Día do Libro. Vai dirixido a escolares de primeira que deben plasmar debuxos ou textos alusivos á lectura.
Como anticipo á programación que desenvolverá no mes dos libros, o concello de Ribeira volve convocar o concurso escolar de marcapáxinas. Poderán participar os cativos de calquera centro de primaria do municipio que farán chegar as creacións dos alumnos ó xurado.
O obxectivo deste certame, que acada xa a súa quinta edición, é fomentar o hábito lector entre os máis pequenos, que destacan entre os usuarios da biblioteca de Ribeira.
O gañador recibirá un diploma e un lote de libro. Ademais, o concello editará o deseño nunha tirada de marcapáxinas que se entregarán como agasallo na biblioteca municipal.











