PORTO DO SON> Rescatados seis mariñeiros á entrada da ría de Muros-Noia, tras envorcar o pesqueiro no que traballaban. Trátase do ‘Reisiño’ con base en Muros. Foron outros pesqueiros que se atopaban na zona os que deron o aviso a Salvamento Marítimo, ó redor das 8 e media desta mañá.
Un sinal de emerxencia ó redor das oito e media desta mañá foi o que alertou a Salvamento Marítimo. Un barco, o ‘Reisiño’, de dezasete metros de eslora, con base en Muros, con seis tripulantes abordo afundíase á entrada da ría de Muros-Noia.
Tódolos mariñeiros foron rescatados con vida por outro barco, o ‘Do Mar’ que se atopaba nas inmediacións. Ata o lugar d suceso foi mobilizada tamén a Salvamar Regulus, que se encargou de trasladar ós seis mariñeiros a porto, para posteriormente derivalos ó hospital. Todo apunta a unha vía de auga como causa máis probable do afundimento.











