NOIA> A parroquia de San Martiño presentou a programación deseñada para esta Semana Santa.
Como vén acontecendo nos último anos sairán un total oito procesións organizadas polas confrarías das Dores, dos Nazarenos, a Terceira Orde Franciscana Segrar e a do Resucitado.
Na presentación da programación tamén tomou parte o alcalde, Francisco Pérez, que destacou a importancia da Semana Santa noiesa, que transcende amplamente o carácter relixioso da festividade.
Aproveitouse o acto tamén para facer entrega do cheque á gañadora do Concurso de Carteis da Semana Santa que chega este ano a súa oitava edición.
A gañadora, un ano máis foi, Uxía Gandarela. Unha fotografía súa que representa o ‘Desencravo’ do Venres Santo é a imaxe do cartel.











