RIBEIRA> O BNG de Ribeira esixe medidas contundentes para frear a vaga de roubos que asola ó municipio. Instan ó goberno a incrementar a presenza policial nas rúas para frear a escalada de delincuencia que preocupa a veciños e empresarios da vila.
A inseguridade derivada dos últimos e cada vez máis frecuentes episodios delitivos en Ribeira converteuse xa nun clamor popular. O BNG vén de facerse eco tamén das demandas dos veciños esixindo ó goberno a adopción de medidas reais para frear a vaga de roubos.
Os nacionalistas solicitan información sobre os reforzos policiais, no caso de que os haxa, e as actuacións coordinadas as distintas forzas e corpos de seguridade. Lembran que durante a súa etapa á fronte do goberno municipal, incrementáronse os efectivos e medios da Policía Local ata acadar 27 axentes e 12 auxiliares ademais da adquisición dun vehículo.
Entre as medidas propostas polo BNG destaca o incremento das patrullas a pé, reforzos policiais en horario nocturno así como programas accións encamiñadas a reducir o consumo de drogas e previr condutas aditivas posto que están detrás do incremento da criminalidade.











