RIBEIRA> O Club Natural Sport, en colaboración con diversas entidades do municipio, organiza unha andaina solidaria en favor de dúas protectoras de animais. Desenvolverase o 29 de marzo na contorna de Teira, en Corrubedo, e ademais da modalidade a pé, haberá unha proba canina e outra a cabalo.
Solidariedade e deporte van da man na andaina organizada polo Club Natural Sport e o concello de Ribeira que se celebrará o domingo 29 en Corrubedo. O percorrido, duns 10 quilómetros, é principalmente chan polo que non entraña demasiada dificultade. Aínda así, hai distancias máis curtas para quen desexe rematar antes a proba que finalizará cunha paella solidaria.
A primeira en saír será a ruta ecuestre, seguida da proba canina e posteriormente a andaina, cun intervalo de quince minutos.
O prezo da inscrición, que xa se pode realizar a través da web de galitiminfg, é de 5 euros. Tódolos fondos recadados irán destinados a dúas asociación animalistas: Callejeros Barbanza e Save an Angel. Polo momento xa hai máis de 60 participantes inscritos nas tres modalidades.











