O PP de Noia critica os orzamentos municipais ante a baixada dos investimentos
O PP de Noia critica a xestión do actual goberno municipal destacando a caída dos investimentos previstos nos orzamentos. OS populares botan de menos partidas para acometer proxectos como o centro de día da Chaínza ou a apertura da Rúa Outonil.
O Auditorio de Outes incorpórase á Rede Galega de Teatros
O auditorio da casa de cultura de Outes incorpórase á Rede Galega de Teatros e Auditorios, xestionada pola AGADIC, a través da Xunta de Galicia. Con esta incorporación Outes dotarase de maior financiamento para o deseño dunha programación escénica estable ó longo do ano e tamén de maior calidade para ofrecer à súa veciñanza.
A aprobación das obras do POS 2026 centrará a atención do pleno deste xoves...
Mañá xoves, a corporación municipal de Rianxo celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de xaneiro. Na orde do día figuran un feixe de puntos, entre os que se atopa a aprobación das obras incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este 2026. Segundo o equipo de goberno trátase de proxectos para seguir avanzando na mellora de accesos a núcleos e na ampliación dos servizos de auga e saneamento nas parroquias.
O concello de Boiro cede a AMBAR un edificio en Praia Xardín para habilitar...
O concello de Boiro e a asociación AMBAR asinaron esta mañá un convenio para a cesión dun edificio en Praia Xardín. A entidade habilitará no inmoble seis vivendas sociais con distintos usos que buscan promover a autonomía das persoas con diversidade funcional.
O legado de Manuel Ayaso será patrimonio dos ribeirenses
Ribeira inicia o camiño para que o legado de Manuel Ayaso permaneza no concello. A corporación municipal aprobou por unanimidade a aceptación da doazón das súas obras co compromiso de abrir unha sala para a súa exhibición nun prazo máximo de cinco anos.
Ribeira avanza na compostaxe coa campaña ‘Ti tes a chave’
O concello de Ribeira está a desenvolver unha campaña divulgativa sobre o uso do contedor marrón. Durante a xornada de hoxe martes, estivo instalada unha mesa informativa na rúa de Galicia onde ademais os cidadáns puideron recoller as chaves para a apertura destes colectores.
O goberno noiés acada o respaldo do BNG para sacar adiante o orzamento de...
O executivo noiés presentou esta mañá o orzamento municipal para este 2026. O documento, que ascende ó 14’7 millóns de euros, medio millón de euros máis que o último exercicio, será levado a pleno este xoves para a súa aprobación. Para sacalo adiante, o goberno conta xa co apoio do BNG, materializando así o acordo entre os grupo de destinar máis de 600 mil euros de fondos propios a investimentos en materia de abastecemento de auga e saneamento.
Mesas informativas, charlas e un musical solidario integran a campaña da AECC de Ribeira
A Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira desenvolverá a próxima semana diversos actos no marco da campaña conmemorativa do Día Mundial contra esta doenza. Haberá mesas informativas, charlas e mesmo unha gala solidaria a cargo de Mimarte.
Porto do Son conta con servizo de taxi adaptado grazas ás axudas autonómicas para...
Belén do Campo aproveitou tamén a súa visita en Porto do Son para coñecer o investimento realizado por un taxista do municipio, beneficiario das axudas autonómicas para adaptar o seu vehículo para persoas con mobilidade reducida.
Porto do Son avanza nas súas políticas ambientais cun novo vehículo para a recollida...
A delegada territorial da Xunta na Coruña desprazouse ata Porto do Son para coñecer os investimentos realizados con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental. O concello destinou os preto de 80 mil euros que lle corresponden á adquisición dun vehículo con grúa para actuacións de protección do medio ambiente.


















