O presidente da Deputación da Coruña fai balance en Ribeira dos investimentos do POS

RIBEIRA> O presidente da Deputación da Coruña fixo balance esta mañá en Ribeira do Plan provincial de Obras e Servizos. Dende a súa posta en marcha, este programa leva investidos na comarca do Barbanza máis de 111 millóns de euros.

Acompañado da deputada provincial de Plans, Cristina García, o presidente da Deputación da Coruña desprazouse ata o concello de Ribeira onde foi recibido pola alcaldesa e demais membros da corporación. Alí, Valentín González Formoso fixo balance dos investimentos do POS na comarca do Barbanza que o pasado ano ascenderon a once millóns, contía que na actual convocatoria verase incrementada grazas á aprobación dun plan adicional.

A deputada responsable do Plan destacou a autonomía que se outorga ós concellos á hora de decidir en que invisten os fondos deste plan, cuantificados en base a criterios obxectivos,

Tamén a alcaldesa de Ribeira destacou a importancia deste plan tanto no que respecta á dotación de servizos ás parroquias como a posibilidade de financiar gasto corrente, supoñendo un importante alivio para as arcas municipais.

Trala visita ó concello, a delegación desprazouse ata o campo de fútbol de Oleiros onde se está a executar a reforma integral dos vestiarios cun investimento de máis de 150 mil euros financiados con cargo ó Plan Único.