RIBEIRA> A alcaldesa de Ribeira mantivo unha xuntanza co presidente da Xunta quen lle trasladou o compromiso de acometer varias actuacións no municipio. Ademais da rehabilitación integral do CEIP O Grupo, Alfonso Rueda referiuse á vontade de colaborar co desenvolvemento do polígono industrial.
Boas novas para Ribeira trala xuntanza mantida entre a alcaldesa e o presidente da Xunta na que abordaron diversos proxectos clave para o desenvolvemento do municipio. Un deles, o futuro polígono industrial no que Xunta e concello abordaron diversas vías de financiamento unha ver concluído o proceso de compra das parcelas pendentes.
Outro dos compromisos trasladados por Alfonso Rueda foi a redacción dun proxecto de mellora integral do CEIP O grupo para poñer fin ós problemas da cuberta e mellorar a envolvente térmica cun colexio moi antigo e que conta con máis de 400 alumnos.
Ámbolos dous mandatarios aproveitaron tamén este encontro para falar sobre a futura residencia pública de maiores que se construirá nunha parcela do lugar de Cruxeiras. A Consellería de Política Social traballa xa na redacción das bases técnicas para licitar a redacción do proxecto.










