O PP de Noia denuncia trabas para acceder ó expediente da liquidación da Conta Xeral

NOIA> O Partido Popular volve a denunciar a constante vulneración do seu dereito ó acceso á información municipal. Acusan ó executivo de non facilitarlle o expediente da conta xeral de 2025 co fin de ocultar a boa xestión dos populares cando ostentaban a alcaldía.

Os populares de Noia denuncian as trabas impostas polo actual goberno municipal par dificultar a súa labor fiscalizadora dende a oposición. No paso mes de febreiro a concelleira Laura Salgado solicitou copia de liquidación da conta xeral de 2025, petición que foi denegada polo alcalde.

Dende o PP consideran que os impedimentos para acceder ós expedientes municipais teñen por obxectivo ocultar a boa xestión económica do seu goberno durante os últimos exercicios.

Os populares denuncian tamén que dende a chegada do novo goberno tense incrementado o período medio de pago a provedores, por baixo do límite legal, pero en tendencia ascendente.