O BNG demanda o cambio de localización dalgúns contedores que comprometen a seguridade viaria

O BNG de Ribeira apela á necesidade de chegar a acordos para buscar o mellor emprazamento para os contedores de lixo. Na actualidade, hai zonas nas que restan visibilidade ou obstaculizan o paso supoñendo mesmo un risco para a seguridade.

Medio Rural dá por estabilizado o incendio de Ribasieira

Controlado pero aínda activo. O incendio forestal declarado a pasada tarde na parroquia sonense de Ribasieira, supera xa as 45 hectáreas afectadas. Na súa extinción traballaron numerosos medios, tanto aéreos coma terrestres.  

As obras de reconstrución do pavillón do IES do Porto do Son encaran a...

O xefe territorial de Educación, Santiago Freire, e o alcalde do Porto do Son, Luís Oujo, visitaron esta mañá as instalacións do instituto da localidade para comprobar o avance das obras de reconstrución do pavillón polideportivo, que xa encaran a súa recta final. A actuación, impulsada pola consellería de Educación, conta cun orzamento duns 267 mil euros.

A procesión do Divino Nazareno ateigou as rúas da Pobra

Multitude de devotos ó Divino Nazareno tomaron parte este pasado domingo na procesión que percorre cada terceiro domingo de setembro as rúas da Pobra do Caramiñal.

A Fundación do Museo do Gravado de Artes entrega os Premios Atlante

O Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital acolleu este pasado sábado a entrega do premio Atlante. Nesta 17 edición, o máximo galardón, o Premio Ramiro Garregal Rey, foi para o artista italiano Fabio Riaudo. Entre as autoridades que asistiron á entrega atopábase o conselleiro de Cultura José López Campos quen destacou na súa intervención o prestixio internacional destes premios, ós que este ano se presentaron máis de 200 obras de artistas procedentes de 13 países.

O PP de Boiro pide explicacións sobre o estado dos depósitos de auga

O PP de Boiro demanda ó executivo que acometa melloras na rede de abastecemento e na captación do río Coroño para garantir o subministro de auga. Denuncian tamén a fala de información sobre o estado do depósito de Trebonzos no que, ata en tres ocasións, se detectou a presenza de substancias que comprometen a potabilidade da auga.

A asociación ASPAS achega ata Ribeira o musical ‘Peter, voamos’

Ribeira segue a ser sede do teatro afeccionado. Este domingo, o auditorio municipal acollerá a representación de ‘Peter, Voamos’ un musical da asociación ASPAS. Medio cento de actores con discapacidade intelectual subirán ás táboas acompañados doutros tantos colaboradores.

O Museo Valle-Inclán expón unha maqueta do Santa Isabel

O Museo Valle-Inclán da Pobra acollerá ata principios de outubro unha maqueta do Santa Isabel, elaborada por José Antonio Barreiros.

O BNG do Barbanza demanda á Xunta un maior control sobre os incumprimentos de...

O BNG levará ó Parlamento a situación do transporte público no Barbanza. Piden á Xunta que extreme o control sobre a empresa ante os reiterados incumprimentos. Demandan tamén a incorporación dunha liña que conecte a comarca coa estación de tren de Catoira.

Sete funcións compoñen o cartel do FITAGAL que se celebrará en Ribeira no mes...

O mes de outubro é sinómimo de teatro. Á programación habitual da súa mostra, engádese o Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia que ofrecerá no auditorio municipal sete funcións de compañías de Galicia e Portugal.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete