RIBEIRA> O auditorio de Ribeira acollerá o seis de decembro a segunda edición do Festival Solidario Kids&Us para recadar fondos destinados á Fundación Andrea. As entradas, a cinco euros, xa se poden adquirir no local da academia situado na rúa Xohana Torres.
Xa están á venda as entradas para o festival solidario organizado pola Academia de Inglés Kids&Us. Por tan só cinco euros, os asistentes poderán gozar dunha gala que mestura baile, música e teatro na que ademais do inglés estará presente a lingua de signos.
Tódolos fondos recadados mediante a venda de entradas irán destinados á Fundación Andrea que apoia ós nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e ás súas familias.
O pasado ano, a solidariedade dos asistentes permitiu recadar máis de mil euros, contía que agardan superar nesta edición.











