Jealsa entrega á Fundación Stop Leucemia os 6000 euros recadados na andaina solidaria

BOIRO> A sexta edición da andaina solidaria Jealsa conseguiu recadar seis mil euros en favor da Fundación Stop Leucemia. Os fondos irán destinadas á unidade de investigación de cancro hematolóxico co fin de desenvolver novas terapias e tratamentos que melloren a calidade de vida dos pacientes.

As oficinas da factoría de Jealsa no Bodión acolleron esta mañá o acto de entrega do cheque de seis mil euros á Fundación Stop Leucemia coa que Jealsa colabora dende hai anos doando os fondos recadados na súa andaina solidaria.

Esta doazón contribuirá a manter a actividade do equipo de investigación do quipo de investigación contra o cancro hematolóxico con sede en Santiago que traballa no desenvolvemento de terapias avanzadas para favorecer a calidade de vida dos pacientes.

Agradeceron tamén a colaboración do concello e das numerosas empresas colaboradoras que contribúen a sufragar os gastos da organización do evento para que tódolos fondos procedentes das inscricións e venda de material se destinen integramente á investigación contra o cancro.