BOIRO> O alcalde, José Ramón Romero, xunto co edil de Política Social, Raúl Treus, visitaron esta mañá o terceiro bloque das vivendas dos mestres de Praia Xardín para presentar alí o proxecto de rehabilitación integral deste inmoble, que pretenden convertelo nun espazo multifuncional para a mocidade.
O edificio distribuído en tres plantas, estará totalmente equipado, con espazos pensados especificamente para os mozos.
O proxecto que será executada por fases, conta cun orzamento que supera os 1,2 millóns de euros. O seu elevado custe, que non poderá ser asumido unicamente coas arcas municipais, fai que o executivo teña agora que buscar financiamento.
A mellora, que permitirá rematar a rehabilitación dos inmobles que se atopaban en estado de abandono en Praia Xardín, completarase tamén coa urbanización e humanización de todo o entorno.











