O concello da Pobra estudará con Costas posibles solucións ós danos no paseo dos...
O concello da Pobra busca unha solución integral ós problemas que presenta o paseo dos Areos, con risco de derrube en varios treitos. Nunha próxima reunión coa Demarcación de Costas, o alcalde da Pobra proporá retomar o proxecto que contemplaba a demolición da maior parte da estrutura para a recuperación do espazo natural.
Arquivada a causa penal polo vertido de pellets
O Tribunal de Instancia de Noia acordou o arquivo da causa do vertido dos pellets do Toconao. A investigación concluíu que a caída pola borda dos contedores foi consecuencia dun golpe de ma e que a empresa cumpría cos protocolos de carga.
O CDG achegará a Ribeira o clásico ‘Memorias dun neno labrego’ baixo a dirección...
O auditorio de Ribeira acollerá o venres 6 de febreiro a representación de Memorias dun Neno Labrego, unha adaptación do clásico de Neira Vilas. A obra está producida polo Centro Dramático Galego e baixo a dirección artística de Cándido Pazó.
O alcalde da Pobra asume Deportes en relevo de Eloy Sobrido que mantén Facenda...
Cambios no organigrama do concello da Pobra. O alcalde asumirá as competencias en materia de Deportes por razóns operativas. Eloy Sobrido, que ata o de agora asumía esta área, quedará á fronte das delegacións de Facenda e Mocidade.
O concello da Pobra requirirá a Costas información sobre o estado dos vertidos da...
Preocupación na Pobra ante a aparición de novos vertidos na zona da Ribeiriña. Aínda que o concello non ten as competencias en materia de litoral, dirixirase á Xunta e á Demarcación de Costas para coñecer o resultado das prospeccións realizadas na zona e as actuacións previstas para acabar coas filtracións.
A formación dixital chegará a tódalas parroquias de Ribeira
O concello de Ribeira presentou a súa oferta de cursos dixitais para o primeiro trimestre deste ano. Ós cursos programados na aula Cemit súmanse as actividades formativas que chegarán a tódalas parroquias do municipio.
Barbanza Arousa e Ría da Estrela levarán o mellor dos seus destinos a Fitur
A mancomunidade Barbanza Arousa volverá a estar presente un ano máis na Feira Internacional de Turismo que se desenvolve dende este mércores ó domingo en Madrid. Farao para reforzar o seu posicionamento enogastronómico e presentar a que será a súa estratexia de experiencias de alto valor engadido.
Ribeira garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de...
Os concellos do Barbanza sumáronse á convocatoria da FEGAMP cun minuto de silencio polo accidente ferroviario de Adamuz. En Ribeira, os membros da corporación municipal acompañados por numerosos traballadores do concello concentráronse a mediodía ás portas da casa consistorial.
Mar insta ó goberno central a buscar medidas para flexibilizar o regulamento de control...
A conselleira do Mar mantivo unha xuntanza esta mañá con representantes das federacións provinciais e galega de confrarías para abordar as dificultades derivadas da entrada en vigor do regulamento de control. Dende a Xunta seguirán a instar ó goberno central a buscar medidas de flexibilización da norma para que a flota artesanal poida seguir operando.
Os pacientes de Aguiño reclaman dous médicos a tempo completo
Os veciños de Aguiño volveron concentrarse esta mañá ás portas do centro de saúde da localidade para reclamar a incorporación dun médico e dar así cobertura ás dúas prazas con que conta. Seguirán a demandar a mellora da calidade asistencial na atención tal e como fixeron onte coa concentración en Santiago na que tentaron, sen éxito, ser recibidos polo Conselleiro de Sanidade.

















