NOIA> O alcalde, Francisco Pérez, e o concelleiro de Obras, Manolo Seijas, supervisaron a marcha dos traballo de instalación dos servizos de electricidade, auga e saneamento ó edificio do albergue da Chaínza, que carecía deles.
Trátase dunha actuación fundamental para permitir a súa apertura definitiva. A intervención conta cun orzamento duns 44 mil euros.
As previsións que manexa o Concello é que os traballos poidan estar rematados xa antes da Semana Santa.
A esta actuación súmaráselle tamén outras dúas intervencións, tamén con cargo ó Plan de Sostinibilidade Turística da ARD de Muros-Noia, cun investimento de 170 mil euros, como son as sendas peonís do Obre e do entorno no que se sitúa o propio albergue.
Segundo informaron trátase de actuacións que lle darán un pulo importante ó sector turístico local, contribuíndo á dinamización económica e á promoción de Noia coma destino.











