NOIA> Aínda que as colaboracións entre os dous centros é algo habitual, a iniciativa deste intercambio realízase por primeira vez. Dividirase en dúas xornadas.
A primeira delas xa este vindeiro sábado en Noia, e incluirá ademais un concerto, ás seis da tarde no coliseo Noela.
Neste caso a proposta vai destinada ó grao profesional de corda, con rapaces de idades comprendidas entre os 12 e os 20 anos.
Aínda que o aspecto musical será o protagonista, con este tipo de iniciativas búscase tamén outro tipo de experiencias.
Dende o Concello, que respalda esta iniciativa, destacaron a importancia destas xornadas.
A seguinte cita do intercambio será a vindeira fin de semana, o 14 de marzo, cando os alumnos do conservatorio noiés devolverán a visita ós seus homólogos da capital do Deza











