BOIRO> Unha docente do CEIP de Abanqueiro foi seleccionada no marco do Proxecto Erasmus+ Incluídas. María Agrafojo participará a finais do mes de marzo nunha estadía en Francia na que intercambiarán experiencias sobre a educación inclusiva.
Presenza barbanzá no proxecto Erasmus Incluídas. A mestra do CEIP Abanqueiro, María Agrafojo, foi seleccionada para participar nunha mobilidade a Francia no marco deste programa que busca aplicar un enfoque inclusivo á práctica docente.
Xunto cun equipo multidisciplinar no que ademais de docentes participa persoal inspector e asesor, María terá ocasión de formarse coñecendo as metodoloxías de ensinanza aplicadas en tres centros franceses.
O proxecto, iniciado o curso pasado, prolongarase ata 2028. Catro curso nos que se abordará a educación inclusiva a través de tres dimensións: global, dixital e comunicativa.











