RIBEIRA> A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, avanza con Política Social a que será a construción da futura residencia da localidade. A rexedora María Sampedro trasladoulle xa á Consellería varias posibles localizacións para poder desenvolver este importante proxecto para o municipio.
O revés sufrido tralo rexeitamento da Xunta ó terreo ofrecido polo Concello nas Saíñas, onde estaba construída a antiga discoteca de Hesta Kurva, ó resultar inviable o proxecto da residencia nese lugar debido ó cambio da normativa estatal, ó ser unha zona de risco potencial de inundación, fixo que o executivo ribeirense tivera que buscar outras alternativas.
Despois de meses nas que os técnicos municipais estiveron valorando outras posibles opcións, o Concello xa lle trasladou á Consellería a proposta, que estaría situada nunha parcela de titularidade municipal, para poder acoller a futura residencia.
Dáse así un paso importante para a construción desta infraestrutura, dando resposta a unha demanda histórica de prazas públicas para persoas maiores. non só para Ribeira senón para toda a comarca.










