Os veciños da Pobra seguen a reclamar un PAC de tarde

A POBRA> Seguen as concentracións na Pobra para reclamar un Punto de Atención Continuada a tempo completo. Como veñen facendo  cada venres dende outubro pasado, a veciñanza da localidade saíu esta mañá á rúa para demandar unha atención primaria de calidade.

Como veñen facendo cada venres dende outubro pasado, os veciños da Pobra volveron concentrarse hoxe ás portas do centro de saúde da localidade para demandarlle ó Sergas a recuperación da quenda de tarde do Punto de Atención Continuada. Unha reclamación para eles lóxica, para garantir así unha atención primaria de calidade, ó ser, ademais, xunto con Rianxo o único en toda Galicia que non dispón de atención médica a tempo completo.

Outra das súas reclamacións garda relación coa dotación dunha ambulancia. Ademais da protesta, os veciños integrados na Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, iniciaron tamén unha campaña de recollida de sinaturas, para remitirllas tanto á consellería de Sanidade como á Valedora do pobo para que se teñan en conta as súas demandas.