O POS Social de Boiro incluirá unha partida para obras de accesibilidade nas vivendas
A corporación municipal e Boiro aprobou as partidas a financiar con cargo ó POS social da Deputación. A principal novidade será unha liña de axudas para a realización de obras de accesibilidade para familias con membros en situación de dependencia. O acordo saíu adiante cos votos a favor de tódolos grupos a excepción do PP que optou pola abstención.
Noia disporá antes do verán dunha área para autocaravanas en San Lázaro
O concello de Noia traballa na habilitación dun aparcamento público para autocaravanas na localidade. O proxecto, que se emprazará finalmente na zona do paseo marítimo, en San Lázaro, irá con cargo ó programa de turismo sostible en destino xestionado a través da ARD Ría da Estrela.
O pósito de Aguiño repasa nun libro os primeiros anos da súa historia
A lonxa de Aguiño acollerá mañá venres a presentación dun libro sobre a historia dos primeiros anos de vida da confraría desta parroquia. A publicación, da que xa se editaron 700 exemplares, recolle a importancia da entidade no crecemento social e económico da parroquia.
300 corredores abrirán o Circuíto Trail Series o domingo 25 en Outes
Preto de 300 corredores daranse cita o domingo día 25 no Trail de Outes. Será a primeira proba do circuíto Trail Series que terá continuidade en Porto do Son o 22 de febreiro.
Relevo na presidencia da mancomunidade Barbanza-Arousa
O alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, asumirá a presidencia da Mancomunidade ó longo do presente ano, substituíndo no cargo ó rexedor de Rianxo, Julián Bustelo, que veu desempeñando este cargo ó longo de 2025. Como principal reto márcase poñer en marcha novas liñas de traballo mancomunadas.
A Pobra volverá a ofertar a Mostra de Teatro Afeccionado
A Pobra volve a ofertar a Mostra de Teatro Afeccionado. Reunirá a un total de tres compañías non profesionais. Desenvolverse os días 18 e 25 de xaneiro e o 1 de febreiro Tódalas funcións serán de balde, ás sete da tarde, no Teatro Elma.
A Xunta sacará unha liña de axudas para promover ‘chiringuitos’ máis integrados na paisaxe
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta mañá en Ribeira, o acto de entrega de premios do concurso de ideas para o deseño dun prototipo de chiringuito de praia biosostible. Durante a súa intervención Rueda anunciou que a Xunta destinará este ano un millón de euros a axudas para promover prácticas sostibles nos chiringuitos da costa galega favorecendo a transición cara a uns establecementos máis eficientes, accesibles e integrados na paisaxe.
Restablecido o servizo de auga no casco antigo de Noia tras tres días de...
Restablecido o servizo de auga en todo o casco histórico de Noia despois de tres días de avarías. Os servizos municipais traballaron arreo estes días para tratar de solucionar un problema provocado polas sucesivas roturas en varias tubaxes da rede xeral, todas elas de fibrocemento, con preto de sesenta anos de antigüidade.
O regulamento de control aboca á flota de baixura a un paro inminente
O amarre simbólico protagonizado onte pola flota de baixura en Cambados podería ser tan só a antesala do paro de toda a flota artesanal a nivel nacional. As confrarías decidirán se toman esta medida de xeito inminente ou agardan ó día 22 cando están citadas a unha xuntanza na Secretaría Xeral de Pesca.
Lampón celebrará esta semana a festividade de San Mauro
A parroquia boirense de Santiago de Lampón volverá render homenaxe a San Mauro. O xoves día 15 terán lugar os festexos relixiosos mentres que o sábado 17 haberá degustación gastronómica e música e baile tradicional.

















